O móbil e a escola: un amor prohibido?
http://gingko.gal/wp-content/uploads/2017/01/foto-copy-1500x1000-1024x683.jpg 1024 683 somos_gingko somos_gingko http://1.gravatar.com/avatar/7f715608adff0fcc46e33c631147f179?s=96&d=mm&r=g“Aquí hai wifi?”, esta converteuse nunha das solicitudes máis comúns nos espazos abertos ao público. Ademais, multiplícase a variedade de dispositivos móbiles, cada vez máis móbiles, ao tempo que as tarifas ofertadas polas compañías abranguen un amplo rango de prezos e prestacións en favor do “sempre conectad@s”. Nada sen a súa app, ninguén sen smartphone.
E non obstante, este modelo non parece evolucionar cara á colaboración e a horizontalidade, senón cara á creación de consumidores illados en burbullas filtradas polo algoritmo. O deseño de móbiles e tablets invítanos ao consumo e dificúltanos a produción; o consumo é, ademais, individual e silencioso.
Deste xeito, segue sendo común o cartel de “Prohibidos os móbiles” na entrada dos centros educativos. E dalgunha forma, ten sentido, porque como integrar este modelo ao proceso de ensino-aprendizaxe? Aínda hoxe, a práctica docente convértese nun malabarismo diario para utilizar estes dispositivos como ferramentas de creación e de traballo colaborativo, porque algo tan sinxelo como redactar un texto nunha tablet convértese nunha carreira de obstáculos.
Polo tanto, os profesionais da educación enfróntanse a un reto dobre: desafiar a evolución do uso da tecnoloxía cara a consumidores pasivos e lograr que a integración de novas metodoloxías non perda de vista o seu principal obxectivo, que é a aprendizaxe. “Moi ben, entón, onde está o truco? ” O truco está en que, ao igual que cambiou a nosa forma de aprender, tamén debe cambiar a nosa forma de ensinar. Igualmente, non esquezamos que os usos das ferramentas determinámolos as persoas, non a ferramenta en si mesma, polo que somos nós as que decidimos que uso lle daremos, en que medida e con que valor.
Unha vez teñamos isto asumido, podemos empezar coa clase.
E como non hai mellor inspiración que a experiencia, aquí deixámosvos o enlace ao proxecto Amores Prohibidos 2.0, realizado no IES A Cachada do Boiro (A Coruña), onde representaron unha versión da obra Romeo e Julieta, de Shakespeare: o escenario foron as redes sociais, Redenasa.tv e un blog, todo en tempo real e co autor (Xespir) como narrador e community mannager.
- Posted In:
- Uncategorized @gl
Leave a Reply