Creación Audiovisual e Aprendizaxe de Linguas

Curso dirixido a profesores de idiomas no que se deron algunhas claves para a incorporación da creación audiovisual na aprendizaxe de idiomas. A través da análise de boas prácticas e de diversas actividades de escritura, gravación e edición, os docentes da EOI exploraron as posibilidades do audiovisual nas aulas para o ensino de idiomas.

Detalles do proxecto

Data: abril 2023
Dirixido a: docentes
Duración: 4h
Centro: Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo