Gingko

En Gingko traballamos en comunicación e educación, porque cremos que comunicar é un proceso cognitivo e social inherente ao proceso de aprendizaxe. A educación é aberta, dinámica e colaborativa, está en constante movimento e cambio. Aprender é construír coñecemento, é unha acción creativa, e a súa finalidade está no desenvolvemento individual, social e cultural das nosas habilidades. A educación é infinita, porque nunca deixamos de aprender, sobre todo cando ensinamos. Por estas razóns, traballamos para crear espazos de participación, de reflexión colectiva, de desenvolvemento e de transformación social.

A educación é aberta, dinámica e colaboradora, está en constante movemento e cambio.

Aprender é construír coñecemento, é unha acción creativa cuxa finalidade está no desenvolvemento individual, social e cultural das nosas capacidades.

A educación é infinita porque nunca deixamos de aprender, sobre todo cando ensinamos.

Sobre nós

Somos profesionais da comunicación e da educación, especializados en produción audiovisual. A nosa viaxe en común arrinca no 2003, con Producciones Itinerantes e despois con Vacalume; paralelamente, temos traballado para outras organizacións, produtoras e medios de comunicación. Dende o ano 2013, traballamos en Comunicación e Educación como Gingko.


Por que Gingko

O noso nome, Gingko, pertence a unha árbore considerada un fósil vivinte, o que significa que a súa especie existe dende hai uns 300 millóns de anos. É unha árbore lonxeva, que pode vivir miles de anos.

O 6 de agosto de 1945, cando a bomba nuclear arrasou Hiroshima, seis gingkos lograron sobrevivir. Para nós, é un símbolo de memoria, resiliencia e esperanza.