Entendemos a participación como o medio para construír ideas e utopías, polo que traballamos en proxectos que faciliten experiencias compartidas e novos modelos de cidadanía.

Innovación Social

Deseñamos e participamos en proxectos que crean na comunicación como unha ferramenta para fomentar a participación social con accións innovadoras e para dinamizar modelos culturais para a igualdade e o desenvolvemento.

Acompañamos procesos de innovación educativa, tanto en formación reglada como en proxectos de participación social e cultural.

Deseñamos e facilitamos actividades e programas dirixidos á construción de cidadanía e a creación colectiva.

Aplicamos as técnicas e as tecnoloxías da comunicación ao proceso de aprendizaxe por proxectos, á educación en valores, á cidadanía dixital (Digital Citizenship) e á alfabetización mediática.

Compartimos

Compartir, do latín compartiri, significa repartir, distribuír algo en partes.

Proxectos recentes