Obradoiro de curtametraxes nos Ancares
http://gingko.gal/wp-content/themes/corpus/images/empty/thumbnail.jpg 150 150 somos_gingko somos_gingko http://1.gravatar.com/avatar/7f715608adff0fcc46e33c631147f179?s=96&d=mm&r=gXa parece comezar a primavera e que mellor forma de celebralo que marchando cara aos Ancares, un dos enclaves máis fermosos de Galicia. No CPI Navia de Suarna fixéronnos o encargo de desenvolver un obradoiro de curtametraxes para os rapaces de secundaria, o obxectivo era traballar con eles na creación dunha serie de pezas audiovisuais e abofé que se conseguiu!
O curso presentouse en forma de reto: os alumnos tiñan que facer, por equipos, unha curta de menos de tres minutos na que saíse nalgún momento Armando (popularmente coñecido como Armando Liorta Segura), o esqueleto que serve de apoio nas clases de ciencias. Baixo esta premisa, adultos e rapaces deixamos voar a imaxinación para crear unha obra de suspense e misterio, un thriller, unha comedia, unha parodia dun programa de televisión e un ensaio-documental. Os títulos foron: “De onde vén Armando?”, “Morte á beira do río”, “O adestrador”, “Esqueleto busca esposa” e “Tempus fugit”.
Polo camiño falamos de realidade e ficción, vimos curtas de Meliès ou dos Irmáns Lumière, analizamos anuncio publicitarios, creamos o hastag de twitter #naviadecine (onde mantivemos informado da actividade a quen quixera), fixemos unha animación en stop-motion e os profesores, que tamén participaron no curso, fixeron a súa propia curta.
Moitas cousas en moi pouco tempo que foron posibles grazas á inciativa do Equipo de Normalización e a todo equipo do CEI de Navia de Suarna, que se abriron durante dous días a unha actividade diferente e participativa.
Pero xa está ben de falar, non queredes ver as curtas? Na nosa canle de youtube podedes velas, e aquí deixamos tamén os cartaces das pelis, esperamos que vos gusten!
- Posted In:
- Uncategorized @gl