Vemos a aprendizaxe como un proceso social, activo e inevitable. Sempre estamos a aprender, sobre todo cando ensinamos. Baixo esta perspectiva, elaboramos actividades de formación en técnicas e narrativas audiovisuais aplicadas á innovación educativa, a participación social e o desenvolvemento.

Educación

As nosas actividades formativas seguen metodoloxías de aprendizaxe práctica e adáptanse a diferentes formatos (obradoiros, seminarios ou cursos / online, presenciais ou mixtos)

Para profesionais da educación:

○ Creación Audiovisual: gravación e edición de vídeos.
○ Vídeo e storytelling na aula.
○ Narrativas dixitais para a participación, a inclusión e a educación en valores.
○ Aplicación creativa e estratéxica das ferramentas dixitais: deseño de presentaciónss, elaboración de materiais de traballo para a aula, etc.

Para alumnas e alumnos:

○ Obradoiro de Curtametraxes.
○ Obradoiros de alfabetización mediática e lectura crítica de medios: xénero, migracións, sustentabilidade e medio ambiente, soberanía alimentaria,…
○ Xornalismo Dixital: elaboración de contidos para unha publicación informativa en torno a unha temática concreta (xénero, convivencia, voluntariado…)

Para organizacións do ámbito social e cultural:

○ Creación Audiovisual: gravación e edición de vídeos.
○ Narrativas Dixitais para a transformación social.
○ Comunicación para o Desenvolvemento e Vídeo Participativo.
○ Iniciación á Fotografía Dixital.

Aprendemos

Aprender, do latín “apprehendere” (apoderarse, agarrar, capturar)

Proxectos recentes