EpDLab, ou como experimentar coas TIC para fomentar o cambio social.

150 150 somos_gingko

Ao longo de todo o curso escolar 2015-2016, o alumnado traballará a educación en valores a través das narrativas dixitais

23767108606_df9414679f_z-300x200Levábamos tempo sen sentarnos a escribir para o noso blog xa que as veces resulta complicado sacar un momento para deterse e mirar para atrás. Hoxe é o que toca.

Unha das tarefas nas que vimos invertindo o tempo é EpDLab, un proxecto que, dende Agareso, desenvolvemos en 5 colexios de Galicia. Nel traballamos con rapaces de entre 12 e 16 anos en dúas liñas: competencia mediática e educación para o desenvolvemento.

EpDLab significa Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento e é un proxecto pensado para centros educativos na etapa de secundaria. Desenvólvese de setembro a xuño e está plantexado como un laboratorio no que misturar diferentes elementos. Queremos xogar na clase e facer experimentos en forma de memes, gifs, vines, dobraxe… A capacidade expresiva da rapazada é a base de cada sesión, duns 100 minutos cada unha. Os contidos desenvólvense como unha liña de tempo na que, a través de xogos e interaccións sociais, construímos unha visión colectiva acerca dunha temática. Logo, por grupos, plasmamos esta visión en contidos producidos por cada grupo. E sempre publicamos cousas.

Las herramientas TIC son un elemento fundamental para conseguir la motivación. Empleamos portátiles, móviles y apps diferentes en As ferramentas TIC son un elemento fundamental para conseguir a motivación. Empregamos portátiles, móbiles e apps diferentes en cada sesión. Todas gratuitas e ben sinxelas de utilizar, porque o importante non é a técnica, senón o que se fai con ela. Estas apps introducen un elemento lúdico que ten sentido como vertebrador dun discurso complexo, sacar mensaxes simples de realidades complexas convírtese nun reto e os retos atraen, enganchan.

viana_02-300x200Pero ademais queremos que cada sesión sexa un espazo para a reflexión e a análise da linguaxe dos medios, e pensabamos que a rapazada está moi afastada das noticias e da actualidade mediática, pero nestes tres meses tamén vimos que non é así, ou polo menos non o é tanto. Identifican rápidamente os temas dos que falamos: refuxiados, inmigración, machismo, islamofobia… Sen embargo, e pode ser que sexa algo herdado da sociedade na que viven, confían plenamente na verdade da prensa e non dan crédito cando, por exemplo, comparamos 4 portadas dun mesmo día que reflicten realidades diferentes (Folga Xeral do 2012 en El País, El Mundo, Público y ABC)

Saen moitas preguntas na aula durante os obradoiros. Facémoslles moitas preguntas. Fannos moitas preguntas. Respóndense algunhas. Outras quedan no ar. Porque o proxecto quere levar aos rapaces a complexidade do mundo no que vivimos, onde nada é o que parece, ou si. Onde non valen as análises simplistas, senón afondar nunha perspectiva onde a veracidade, as representacións ou os prexuízos aparecen como elementos distorsionadores da nosa mirada ao mundo.

Porque ao final trátase disto, de aprender xuntos a mirar ó mundo e de compartir a nosa propia mirada. De ter un punto de vista, unha actitude máis crítica cara ao que nos ensinan. De desaprender o que nos limita e de aprehender das realidades de outras persoas.

Para saber máis sobre este proxecto, visita a web: epdlab.gal