RecThink

Proxecto de acción e investigación dirixido a grupos de mozos de zonas rurais en proceso de despoboamento.

A través dun itinerario formativo desenvolvido por diversas asociacións, estes grupos de mozos desenvolven unha reflexión colectiva sobre a súa realidade socio-cultural e sobre o seu papel no futuro desta realidade. Estas formacións teñen como obxectivo educar nun uso activo e construtivo das ferramentas e técnicas da Comunicación; RecThink é tamén un proceso de Vídeo Participativo en comunidades rurais de Europa occidental, co obxectivo de fornecer os lazos comunitarios, de impulsar a participación social e de promover accións innovadoras entre estes grupos.

En Gingko encargámonos do deseño do proxecto e das formacións, así como da súa implementación en comunidades rurais. Estas formacións incluíron unha actividade dirixida a profesionais de ámbitos culturais, sociais e educativos, e un encontro internacional en formato hackhaton con participantes de RecThink. Tamén coordinamos as publicacións resultantes de todo este proceso.

RecThink é un proxecto coordinado por AGARESO, co apoio de YUPI (Portugal), Solidarité Jeunesses (Francia), Mine Vaganti NGO (Italia) y Contextos (España), desenvolvido entre novembro de 2015 e xullo de 2016. Financiado por Erasmus+.

O proxecto foi seleccionado para a súa presentación no Encuentro Cultura y Ciudadanía 2016 organizadas polo Ministerio de Cultura, Ciencia y Deportes.

Detalles do proxecto

Data: 2016
Duración: 9 meses
Áreas de traballo: Vídeo Participativo, narrativas dixitais, participación social, creatividade, cidadanía, comunidades, habilidades comunicativas, emprendemento social, dinamización cultural.