Talleres #Vedra2Q16 e #Valdoviño2Q16

A actividade quere achegar á rapazada formas creativas de utilizar os móbiles para facer trangalladas audiovisuais. As rapazas e rapaces participantes terán que escribir, coa axuda dous seus móbiles, unha historia de guión imprevisible e resultados inesperados. Seguindo a estrutura en tres actos (plantexamento, nó e desenlace), construirán un relato transmedia coa axuda de tres apps e do seu brillante maxín. Nas tres horas que dura a actividade, e partindo dunha premisa que lles damos nós, as participantes constrúen un relato que pode seguirse en tempo real en diferentes redes sociais baixo ou Hashtag #Localidade2Q16.

Detalles do proxecto

Data de realización: febreiro 2016 e xullo 2016
Dirixido a: alumnado de 10 a 16 anos
Duración: 3h
Centro: LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra) e Biblioteca do Concello de Valdoviño