EpDLAB

Proxecto educativo para traballar a educación en valores, a participación responsable en rede e o pensamento crítico en alumnas e alumnos de ESO.

EpDLAB xorde a partir da reflexión colectiva de 6 grupos de de ESO en Galicia e dous grupos de estudantes do Salvador. En EpDLab traballamos coas ferramentas dixitais para publicar contidos ao redor da igualdade de dereitos, a participación responsable e a xustiza social. Queremos apropiarnos dos ferramentas e participar en accións innovadoras cara a unha comunicación inclusiva e para a denuncia da desigualdade, á vez que fomentar a mirada crítica nas mensaxes dos medios.

En Gingko deseñamos e dinamizamos as actividades formativas nos centros galegos, así como coordinamos a publicación dunha  guía didáctica do proceso.

EpDLab é un proxecto coordinado por Agareso, co apoio de Cooperación Galega (Xunta de Galicia).

EpDLab es un proyecto coordinado por Agareso, con el apoyo de Cooperación Galega (Xunta de Galicia).

Detalles do proxecto

Data: 2015/17
Duración: 18 meses
Áreas de traballo: educación en valores, narrativas dixitais, participación social, creatividade, cidadanía, alfabetización mediática, pensamento crítico, habilidades comunicativas.