Programa de Emprego – FADEMGA plena inclusión Galicia

Ana ten 54 anos e fai uns poucos que aprobou unhas oposicións para administración xeral do estado. Adrián ten 27 e traballa na ITV de Sada. Ambos teñen discapacidade intelectual e o traballo supuxo para eles unha oportunidade para gañar autonomía e un paso máis cara á plena inclusión.

Adrián e Ana accederon a este posto de traballo a través do Programa de Emprego de FADEMGA, un servizo de apoio integral para as persoas con discapacidade intelectual que busca a súa integración no mercado laboral.

Este vídeo fíxose como parte dunha campaña de divulgación do programa de emprego da entidade entre as posibles beneficiarias do servizo e busca, a través das historias de Adrián e Ana, que máis persoas accedan ao mesmo e logren acadar un posto de traballo.

Detalles do Proxecto

Ano de Produción: 2018
Cliente: FADEMGA plena inclusión Galicia
Xénero: Promocional - Campaña de Sensibilización #AMiñaOportunidade
Duración: 08:31 (versión completa)