MediAfrica

Proxecto formativo no que participan 15 organizacións de África e Europa e que ten como obxectivo compartir narrativas positivas sobre o impacto do Servizo Internacional de Voluntariado.

IVS MediAfrica quere aumentar o número de voluntarios entre África e Europa compartindo narrativas en positivo que axuden a romper co prexuízos e estereotipos existentes.

Os voluntarios, seguen participando nos diferentes programas de voluntariado coa idea de que “África necesita axuda”. Coa intención de cambiar esta percepción, existe unha necesidade de elaborar contidos en comunicación desde as propias organizacións locais, que tamén axuden a contrarrestar as mensaxes simplistas e victimizadores dos medios de comunicación.

MediAfrica púxose en marcha en abril de 2017 e durará dous anos. Inclúe unha primeira fase de capacitación que terá lugar en Francia, Tanzania e Uganda, co obxectivo de achegar ás organizacións participantes ferramentas e habilidades para mellorar a comunicación dos seus programas de SVI. Nunha segunda fase, publicarase un web-doc participativo con contidos elaborados polas organizacións durante todo o proceso formativo. Este Webdoc, titulado Round Trip Volunteering, será o eixo central da campaña global que vai ser lanzada en 2018.

MediAfrica é un proxecto coordinado por Solidarite Jeunesses Gingko é parte do equipo de formadores e de coordinación do webdoc, para o que realizamos tamén algúnhas pezas.

Detalles do proxecto

Data: abril 2017 - abril 2019
Duración: 2 anos
Áreas de traballo: vídeo participativo, narrativas dixitais, participación social, creatividade, servizo internacional de voluntariado, voluntariado, organización.