As mulleres con discapacidade intelectual sofren unha triple discriminación: como mulleres, como discapacitadas e como discapacitadas intelectuais. Son un colectivo invisible, que está na nosa sociedade pero á que nunca se lle escoita.
Esta serie de vídeos quere romper con ese silencio e para iso sentámonos a falar con Coco, Pilar, Begoña e todas as súas compañeiras sobre temas como as sexualidade, a autonomía persoal ou os malos tratos.
A campaña de sensibilización parte do Programa Muller de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e consta dun breve vídeo para redes, tres entrevistas individuais e tres conversacións grupais.