Linguaxe Publicitaria, Modelos de Beleza e Representación de Xénero

Actividade realizada coas alumnas do Ciclo Medio de FP de “Perruquería e Estética”. A actividade desenvolveuse en tres sesións nas que a través do deseño dunha campaña de comunicación abordáronse temáticas de representación de xénero, estereotipos, canon de beleza e violencias simbólicas. En paralelo, traballouse tamén na mellora da competencia mediática a través da análise e lectura crítica de medios, especialmente na linguaxe publicitaria, e da creación de contidos.

Detalles do Proxecto

Data de realización: Xaneiro 2020
Dirixido a: Alumnado de Ciclo Medio de FP
Duración: 7h
Centro: IES Johan Carballeira, Bueu