Actividade de introdución ao traballo con produtos culturais e informativos desde a perspectiva de xénero. Nela analizamos como as mensaxes mediáticas son fundamentais para a construción da nosa identidade social e compartimos recursos, estratexias e oportunidades para utilizalas nas aulas. O obxectivo era facilitar a creación de procesos de aprendizaxe en valores, así como desenvolver habilidades relacionadas coa alfabetización mediática e a lectura crítica de medios.
Traballar a Igualdade na aula desde os Medios de Comunicación
Detalles do Proxecto
Date: Xaneiro 2020 Dirixido a: Profesorado de ESO e Bacharelato Duración: 4h Centro: IIES Álvaro Cunqueiro, Vigo