
Taller para institutos realizado en colaboración con Impórtanos! e a ONG Fundación Entreculturas. Este taller ten como obxectivo sensibilizar a un grupo de mozos sobre os dereitos e a realidade das persoas migrantes. Como resultado, elaboraron diferentes contidos dixitais que agrupamos no relato multimedia “Todos somos migrantes: historias, emocións e camiños” e acompañou á exposición fotográfica homónima na Fundación Barrié da Maza de Vigo, organizada pola Fundación Entreculturas.