Este curso ten como obxectivo principal investigar e coñecer exemplos de boas prácticas da utilización do vídeo no ámbito educativo, centrándonos nas posibilidades que ofrece para o ensino do español como lingua estranxeira.
O programa iníciase coa realización de vídeos desde a planificación e definición da idea ata a edición de vídeo e audio, practicamos con ferramentas para a creación de contidos multimedia e elaboramos diferentes contidos audiovisuais para finalmente integralos nun webdoc colaborativo.