#MediaciónBueu

Formacións e acompañamento no deseño dunha estratexia de comunicación participativa e na elaboración de contidos para promover os equipos de mediación en centros de secundaria.

Nos centros de educación secundaria IES Illa de Ons e IES Johan Carballeira, en Bueu, creáronse dous grupos de mediación escolar. Estes grupos formados por alumnado voluntario de ambos os centros teñen como obxectivo principal mediar nos conflitos que xorden no centro e ser capaces de resolvelos de forma dialogada e entre iguais.

Coa intención de promover este programa, Gingko facilitou unhas sesións de acompañamento no deseño da estratexia de comunicación e acompañou na elaboración dos primeiros contidos desta campaña.

A campaña, deseñada e realizada polo alumnado, lanzarase durante o curso 2019/20

Detalles do Proxecto

Data: Marzo - Outubro 2019
Duración: 7 meses
Áreas de traballo: mediación, convivencia, comunicación, creatividade, participación, educación, innovación