Proxecto de vídeo participativo enmarcado dentro do 22º Festival de Cinema de Ourense e dirixido ao Centro de Menores da Carballeira.
“ Imaxina que…”, é unha actividade de comunicación inclusiva e acción social a partir da metodoloxía do vídeo participativo. A iniciativa parte do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) que na súa 22º edición tiña entre os seus obxectivos expandir as accións do OUFF máis aló das salas de proxección, que a actividade creativa fose posible en moitos recunchos de Ourense e que a cidade fose partícipe do festival.
Na actividade participou o CEM A Carballeira, que forma parte da rede de protección de menores da Xunta de Galicia; así, 15 mozos de entre 12 e 17 anos convertéronse nun colectivo co que traballar pola participación activa, pola autoestima e polas relacións grupais.
Como resultado deste proceso elaboráronse 4 curtametraxes, todas baixo a premisa “Imaxina que…”, que foron presentadas no marco do festival. Tamén se elaborou un blog a modo de diario da actividade.