UN DÍA PERFECTO: Vídeo Participativo no IES Johan Carballeira

150 150 María Lobo

No IES Johan Carballeira de Bueu, desenvolvimos esta actividade de Vídeo Participativo como ferramenta para:

  • fomentar a participación
  • reforzar a autoestima
  • construír novos vínculos entre as persoas dun mesmo grupo.

Para isto, desenvolveremos unha actividade de VP na que traballamos en equipo, reflexionamos en colectivo e remataremos cun produto audiovisual común.
O obxectivo final da actividade non é este produto audiovisual, senón o proceso social en si mesmo, de cara a traballar os obxectivos descritos arriba.

      • OBXECTIVOS
        Na situación de partida, temos un grupo dividido en dous, que conviven a través do enfrentamento e do conflicto no seu día a día. Traballar as relacións comunitarias e promover unhas relacións sociais estables, nas que a diferenza se xestiona a partir do diálogo, é o primeiro dos obxectivos.
        En segundo lugar, queremos fortalecer a autoestima das rapazas, poñendo en valor as “intelixencias múltiples” e recoñecendo a importancia das aprendizaxes invisibles. Tendo en conta que a maioría chegaron á FP básica cando o sistema educativo non atopa máis respostas ás súas necesidades, queremos recoñecer o valor da diversidade como riqueza necesaria para a integración, a igualdade e o desenvolvemento social.
        En terceiro lugar, esta actividade está deseñada con perspectiva de xénero, o que significa que reflexionaremos sobre o rol das mulleres e sobre a igualdade como obxectivo social, xa que partimos dun grupo no que os roles de xénero veñen marcados pola desigualdade e pola violencia dende os contextos familiares, de amizade ou dende o imaxinario cultural de cada unha delas.
      • GRUPO: 17 rapazas de FP Básica de Perruquería e Estética
      • CÓMO: 4 sesións de 3h cada unha
PROCESO
      • Documentación sobre o grupo e consensuar os obxectivos da actividade co equipo docente
      • Deseño do itinerario didáctico e dinámicas de traballo
      • Obradoiros: guión e posta en común, storyboard, produción e gravación.
      • Edición: esta tarefa farémola en Gingko, xa que é un proceso excesivamente técnico e individual. A edición seguirá sempre as indicacións do guión e do storyboard pactados polo grupo.
      • Visionado en grupo: revisión dos produtos finais co grupo para introducir arranxos e melloras.
      • Visionado e presentación pública: busca e xestión dun espazo onde proxectar o traballo. O grupo será o encargado de facer esta presentación, así como de solventar dúbidas entre as persoas asistentes.
OBRADOIRO 1

1. Utilizamos unha metodoloxía do Banco Común de Coñecementos para comezar traballando a autoestima, a posta en valor dos “saberes invisibles” e para dinamizar o diálogo no grupo.
2. Introducimos conceptos sobre narrativa audiovisual: que é un Storyboard ou guión gráfico, tipos de plano e os recursos expresivos, como o son.
3. Primeiro traballo en grupo: gravación e edición dun titorial sobre algunha das cousas que sabemos facer e podemos ensinar a outras persoas. De aquí, sairon 4 vídeos: un sobre fotografía, outro sobre perruquería (como facer unha trenza), outro sobre maquillaxe e outro sobre como utilizar a app Musica.ly

Nesta primeira sesión traballamos con dous grupos grandes, nos que as alumnas distribuíranse voluntariamente, co que a clase quedou dividida en dúas partes que coinciden cos dous grupos sociais que conviven diariamente. Neste punto, preferimos centrarnos nas habilidades de traballo en equipo, o valor da diversidade, a creatividade e as interaccións construtivas como ferramentas de participación e diálogo.

Como conclusións, conseguimos espertar o interese dos grupos cara a actividade e fortalecer a autoestima, así como a implicación na tarefa de creación do titorial. Todos os grupos traballaron de xeito colaborativo e repartiron roles naturalmente: o proceso audiovisual conseguiu centralas no traballo en equipo e na realización dun produto ben feito.

OBRADOIRO 2

Nesta sesión traballamos, sempre en grupo grande, como primeiro punto de contacto entre os dous sub-grupos que existen na aula.

1. Recuperamos as cartulinas do Banco Común de Coñecementos e agrupámolas nunha soa diapositiva. Moitas das achegas son comúns aos dous grupos.
2. Mirando esta diapositiva, dividimos a clase en grupos de 3 e utilizamos a técnica do Brainstorming para elixir unha das actividades que vemos proxectadas. Logo, falamos entre nós e eliximos varias emocións ou sensacións que relacionamos con esa actividade.
3. Ao rematar, compartimos os resultados:

Aquí xa introducimos a finalidade da actividade: crear un personaxe colectivo que aúne características e intereses de todas as rapazas presentes no grupo.

4. Na seguinte parte do obradoiro, traballamos e debatemos en grupo sobre a representación das mulleres na publicidade, na televisión, na prensa e no cine, cara a construír o noso personaxe. Isto é tamén unha ferramenta para reflexionar sobre a igualdade, a violencia (física, emocional ou social) e o amor romántico como input cultural para o control, a dependencia e a agresión nas relacións entre homes e mulleres.

5. Finalmente, pechamos a sesións traballando por grupos pequenos, deseñando o Storyboard para unha curta. O tema da curta será: un día perfecto, como o imaxinamos? Cada grupo grabará unha parte diferente dese día.

Ao peche desta sesión, todo o grupo era consciente de que tiñan máis cousas e intereses en común do que pensaban. Tanto nas emocións e sensacións que buscamos como na nosa imaxe dun día perfecto, coincidiron en prioridades como a liberdade, a amizade, o futuro e a diversión. Tamén foi interesante e produtiva a reflexión colectiva sobre a representación mediática das mulleres, xa que as súas achegas e opinións estaban lonxe do pensamento acrítico, heteropatriarcal ou sumiso; o seguinte paso, é levar este posicionamento aos contextos individuais de cada unha delas, é dicir, á súa realidade diaria onde o reto xa se manifesta como máis complicado de afrontar.

OBRADOIRO 3

1. Recuperamos los Storyboard y los revisamos. Volvemos a dividir la clase en dos grupos para facilitar el trabajo.
2. Definimos los roles en los equipos, las necesidades (attrezzo, vestuario…) y las localizaciones.
3. En este punto, elegimos a dos estudiantes, una en cada grupo, que serán las encargadas de coordinar al equipo y de asegurarse que todo lo necesario está en el lugar de la grabación, así como de que se cumplen los tiempos.
4. Realizamos las grabaciones dentro del espacio del instituto. Una persona en cada grupo queda encargada de redactar un texto para la voz en off.

Esta sesión fue intensa y productiva. Si bien es verdad que el grupo era reducido debido a varias faltas por enfermedad, la redistribución en función de las tareas y necesidades funcionó muy bien. Trabajaron en equipo y cada quien llevó a cabo su tarea de manera responsable. Las coordinadoras cuentan con un carácter firme pero, al mismo tiempo, hablan con personas de los dos grupos sin problemas.

El elemento disruptor se introdujo cuando llegaron 3 chicas que, a la hora de comenzar el taller, decidieron quedar en la puerta del instituto y entrar más tarde. Con su llegada, el resto de las alumnas que estaban implicadas en el trabajo, siguieron concentradas e incluso hubo quien les dijo que se marcharan,  que ahora ya no podían unirse en medio del proceso y que colaboraran para que les diera tiempo a finalizar sus grabaciones. Sólo una de las participantes decidio dejarse llevar por estas 3  y abandonar su grupo y sus tareas; el resto continuó trabajando de manera responsable, implicado y productivo hasta el final de la sesión. Todo un placer el trabajo con ellas este día.

OBRADOIRO 4

1. Repaso do que falta por gravar e organización dos equipos.
2. Gravacións das esceas que faltan.
3. Volta á aula, posta en común.
4. Conexión vía Skype cunha maquilladora profesional de cine e publicidade
5. Despedida e peche

Esta sesión resultou tamén intensa, xa que tivemos que gravar moitas cousas.Comezamos no salón de actos, onde gravamos en paralelo una escea que representaba un concerto e unha noite de festa. Os dous grupos traballaron nos guións que tiñan asignados, que non eran necesariamente os que escribiran. Houbo ritmos diferentes, porque mentres que un grupo colleu rápido a dinámica de traballo en equipo, ao outro costoulle un pouco mais; finalmente, os roles foron asignados de xeito natural (quen colle a cámara, quen interpreta…) e saían cada vez máis ideas novas sobre narrativa audiovisual: isto facémolo con esta música, este plano dende arriba, xogar coa cámara…

Foi moi gratificante cando, dúas sesións despois, espertouse a alarma anti-sexismo no momento de elixir unha canción: “gústanos moito, pero é moi machista e non queremos que nos represente”.
Para rematar, fumos todas á aula e vimos un vídeo que nos enviou unha maquilladora profesional, quen nos respondía a algunhas dúbidas das alumnas sobre maquillaxe e, ademais, contou a súa experiencia: como chegou a ser maquilladora de cine e publicidade, como xestionou o tema dos estudos, cal foi o seu proceso para conseguir o que quería, etc…

Unha xornada moi proveitosa. Só nos queda pendente a edición e proxección da curta, que contou como sería o día perfecto de Johana, un personaxe colectivo creado a partir das achegas de todas elas. Ao final, con máis cousas en común das que pensamos ao principio!