O Narmada Valley Development Project é o proxecto de desenvolvemento que está a converter o val do río Narmada, na India, nun xigantesco encoro e que supón o desprazamento de máis de 2 millóns de persoas, a maioría indíxenas. Entre aqueles que non se resignan a perdelo todo, as mulleres alzarán a súa voz e, guiadas por Medha Patkar, iniciarán a loita para salvar o Narmada. En colaboración co Narmada Bachao Andolan e con Intermedia Producciones, Yindabad foi premiado en tres festivais internacionais e exhibido en decenas de festivais e mostras en todo o mundo.
Yindabad
Detalles do proxecto
Ano de Producción: 2007 Xénero:documental Duración: 57:35