Un Día Perfecto

Actividade de Vídeo Participativo no IES Johan Carballeira de Bueu como ferramenta para: fomentar a participación, reforzar a autoestima e construír relacións máis positivas entre as persoas dun mesmo grupo.

Nesta actividade traballamos cun grupo de alumnas de FP básica co que, a través da metodoloxía de Vídeo Participativo, buscabamos mellorar as relacións de grupo, aumentar a autoestima e achegar unha perspectiva de xénero.

Para iso propuxemos a elaboración dunha curtametraxe que retratase o día perfecto dun personaxe colectivo que creamos durante as primeiras sesións e no que se reflectían todos os seus intereses e anhelos. Durante a elaboración da curta facilitamos diferentes actividades e propostas encamiñadas a conseguir os obxectivos do proceso que acabou finalmente coa proxección do traballo en grupo-clase.

Detalles do proxecto

Data: Marzo 2017
Duración: 1 mes
Áreas de traballo: Vídeo Participativo, narrativas dixitais, participación social, creatividade, cidadanía, convivencia, educación, xénero.