
Durante o curso 22-23 desde a biblioteca do IES Xelmirez I impulsouse o desenvolvemento do proxecto interdisciplinar Tecendo Identidade(s). Este proxecto, levado a cabo en diferentes materias, centrouse na II República por ser un período de reinvención de identidades, de importantes avances científicos e un espazo esencial para a aprendizaxe da cidadanía democrática. As diferentes actividades educativas culminaron nun exposición multi-formato.
Gingko acompañou no proceso de prototipado e deseño dos produtos desta exposición falicitando para iso tres sesións de traballo grupal ao longo do curso.