Esta actividade ten como obxectivo principal afondar na formación en narrativa audiovisual para o fomento da lectura entre rapazas e rapaces de Educación Primaria, utilizando ferramentas dixitais para contar historias, reinterpretalas e crear mensaxes propias.
Como resultado da mesma, o alumnado elabora unha serie de booktrailers coa finalidade de difundilos e conseguir que máis rapazas e rapaces sintan interese pola lectura.
O obradoiro desenvolvese durante 4-5 horas en cada centro. Parte deste tempo pode ser adicado a un traballo de apoio específico ao profesorado involucrado, de cara a reforzar as súas habilidades técnicas na escritura audiovisual, na gravación e/ou na edición de vídeo, co obxectivo de que poidan utilizar estas ferramentas de forma autónoma no seu traballo docente.