Este festival celébrase cada ano na parroquia de Cans (Pontevedra). É un certamen de curtametraxes, pero ademais é un punto de encontro para a cultura galega e é o centro mundial do Agroglamour.
Durante a edición do 2014, estivemos en cada jalpón, andamos por cada camiño, seguimos cada evento… E de aquí saiu “Soa Cans!”, un paseo pola banda sonora do Festival ou unha paisaxe sonora para pasear por Cans.