Servizos Xurídicos de FADEMGA Plena Inclusión Galicia

FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece un servizo de asesoría xurídica orientado a informar e aconsellar, ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, nas dúbidas de carácter legal e xurídico que poidan ter en temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, o dereito ao voto, etc.

O vídeo quere aumentar o número de persoas que acceden a este servizo, facilitando a súa comprensión e a súa difusión a través de redes sociais e de mensaxería instantánea.

A campaña está financiada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Servizo financiado pola Xunta de Galicia.

Detalles do Proxecto

Ano de Produción: 2018
Cliente: FADEMGA plena inclusión Galicia
Xénero: Campaña Divulgativa
Duración: 03:22