Servizo de internacionalización do Campus Terra

O Campus Terra de Lugo, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, acolle estudantes de todo o mundo e, a través da Oficina de Relacións Exteriores, promove diferentes programas de intercambio para o alumnado. Estes vídeos promocionan os programas de mobilidade entre os estudantes locais e promoven a captación de alumnado estranxeiro para o Campus. Así mesmo, elaboráronse diferentes pezas de curta duración destinadas a redes sociais para esta mesma campaña.

Detalles do proxecto

Ano de Producción: 2016
Cliente: Campus Terra de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela)
Xénero: promocional
Duración: 6:10 // 7:22