Esta actividade consiste no acompañamento ao equipo de Ciber Axudantes do IES Manuel García Barros para o deseño e implementación dunha pequena acción de comunicación. Trátase dunha proposta de APS na que as través das TIC, de metodoloxías de aprendizaxe activas e da creatividade, capacitouse ao alumnado para que se apropiaran das ferramentas e produciran contidos dixitais con actitude responsable de cara a que, unha vez rematada a actividade, teñan coñecementos básicos e motivación para seguir facendo este traballo ao longo dos vindeiros cursos.
A actividade, prevista de forma presencial, realizouse de forma semi-presencial debido á Covid19 e o resultado foi un vídeo de presentación do equipo de mediación escolar. Esta formación integrouse no contrato-programa “Con-VIVE”, cuxa temática é: “Rede de apoio entre iguais”.