Serie de tres vídeos breves de carácter divulgativo. A intención destes vídeos é a de achegar de forma clara algúns conceptos clave ao redor da discriminación das persoas con discapacidade intelectual.
Que é un prexuízo e que se pode considerar discriminación, que é un delito de odio ou como denunciar calquera delito son os temas que se tratan en cada un destes vídeos que teñen, o obxectivo último, de facilitar o acceso á xustiza por parte das persoas con discapacidade intelectual e garantir os seus dereitos.