Proxecto que combina a formación en técnicas audiovisuais e a metodoloxía do Vídeo Participativo para a construción dun relato diferente sobre a cidade da Coruña.
Outras Coruñas é unha actividade enmarcada dentro do programa Coruña Dixital, do Concello da Coruña. Un grupo de persoas reúnese con dous puntos en común: son habitantes de de A Coruña e queren coñecer as narrativas audiovisuais. Durante 4 xornadas dobres, fomos alternando os procesos de participación e diálogo coa formación práctica en técnica audiovisual. O obxectivo do proxecto era elaborar un relato diferente sobre a cidade, así como apoiar as accións culturais e sociais colectivas e promover a cidadanía activa.
Como resultados deste proxecto, hai un webdoc e un blog colaborativo.