No outono de 2021 a Concellería de Cultura de Ferrol impulsou a celebración dun obradoiro de creación audiovisual e mapeo dixital arredor da memoria (industrial, veciñal e dos lugares) de Ferrol. Tomando estas temáticas como fío conductor, as participantes aprenderon a realizar vídeos sinxelos (como medio para recoller a memoria) e a debuxar -neste caso a historia local- nun mapa dixital.
Os itinerarios e puntos de interese que foron aportados polas participantes tras un proceso de investigación persoal. Os contidos textuais, fotográficos e audiovisuais foron creados no proceso de aprendizaxe e experimentación desenvolvido no taller.
Esta actividade foi realizada en colaboración con Bencuriosa.