Este obradoiro desenvolveuse entre outubro e decembro de 2015 en Vigo, co apoio de FOANPAS. Durante estes mesos, un grupo de alumnas e alumnos de 2º, 3º y 4º de ESO traballaron na produción e publicación de diferentes contidos xornalísticos en torno á construción do xénero nos medios e á reflexión colectiva sobre a violencia e a igualdade de dereitos.
De forma paralela, traballamos tamén no desenvolvemento de competencias lingüísticas e na alfabetización mediática, a través da formación en blogs, redes sociais, redacción e comprensión lectora, fotografía, deseño gráfico, narrativas transmedia…
O resultado deste traballo é unha publicación dixital chamada “10 sentidos de Vigo“, acompañada dunha conta de Twitter: @10sentidosvigo1