
Este obradoiro de podcast levouse a cabo en coordinación coa profesora de Historia. O podcast servíu como ferramenta para traballar os contidos da materia de xeito que as dúas aulas de 2º ESO dividíronse, a súa vez, en pequenos grupos cada un dos cales debían facer un traballo de investigación arredor dunha muller relevante do periodo medieval.
Ao tempo que se traballaban contidos curriculares, os obxectivos eran tamén formar á rapazada no uso creativo das TIC e sensibilizar arredor da igualdade de xénero. O proceso incluíu por parte do alumnado o traballo de investigación, guión, gravación e edición das diferentes pezas que forman o podcast.