
Curso realizado na NORMAL de A Coruña, vinculada á área de Cultura da UDC dentro da oferta de cursos de extensión universitaria.
O curso foi unha introdución ás narrativas dixitais contemporáneas (memes, micro-vídeos, gifs…) e ás súas posibilidades creativas para elaborar mensaxes e campañas. Estaba dirixido a un público xeral con intereses creativos e culturais por utilizar as narrativas dixitais como ferramenta para a divulgación, a sensibilización, o activismo, o contradiscurso e a educación, sexa en contextos formais ou non formais.
Realizouse integramente a distancia combinando pequenas pílulas de contidos en liña, incluídos exercicios prácticos e interactivos, cunha parte de traballo práctico titorizado que incluía sesións grupais en contornas virtuais. A actividade realizouse en colaboración con Bencuriosa.