“Nós interculturais a través das TIC” é un proxecto da Fundación Esplai para traballar valores como a interculturalidade, a convivencia, a formación e a cidadanía global.
Unha das actividades deste proxecto consistiu na elaboración dunha serie de pílulas de aprendizaxe en liña dirixidas a persoas migrantes sobre temáticas como: alfabetización dixital nivel básico e avanzado, mellora da empregabilidade, capacitación lingüística, funcionamento e valores da sociedade de acollida, e-administración, comunicación, etc.
Co apoio de Provivienda, en 2020-21 realizáronse tres destas pílulas que inclúen vídeos interactivos, titoriais e diferentes actividades de aprendizaxe. Estes módulos, que xurdiron para adaptarse ao contexto derivado da Covid-19, están pensados para poder realizarse en liña de forma autónoma, con acompañamento ou para complementar unha formación presencial.