Narrativas Dixitais para unha Acción de Comunicación

Curso de introdución ás narrativas dixitais contemporáneas (memes, micro-vídeos, gifs…) e á experimentación coas súas posibilidades creativas para elaborar mensaxes e campañas. Está dirixido especialmente a persoas con interese por utilizar as narrativas dixitais como ferramenta para a divulgación, a sensibilización ou o activismo,en ámbitos como a promoción do patrimonio (material ou inmaterial), lingua, medioambiente, etc.

O curso combinou pequenas pílulas de contido en liña, incluídos exercicios prácticos e interactivos, cunha parte de traballo práctico titorizado, orientado dende a primeira sesión a desenvolver unha acción de comunicación por grupos. Esta actividade formativa enmarcase dentro do programa de Laboratorios Dixitais Itinerantes está financiada pola Deputación de A Coruña  e foi realizada en colaboración con Bencuriosa.

Detalles do proxecto

Data de realización: marzo/abril 2021
Dirixido a: activistas
Duración: 16h (en liña)
Centro: Laboratorios Dixitais Itinerantes