Curso práctico de formación en narrativas dixitais para traballar a Educación en Valores e a Educación para o Cambio Social nas aulas. Ao longo desta actividade, exploramos as narrativas contemporáneas e descubrimos o seu potencial comunicativo, así como para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos.
Coñecimos estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais no traballo con contidos ao redor da xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento.
O curso enmárcase dentro do proxecto EpDLab de Agareso, no que participamos como parte do equipo técnico.