Narrativas dixitais e Contradiscurso: Educación para a cidadanía global

Este curso online de 20 horas realizouse dentro da “Academia de Telecentros e de Organizacións Sociais” da Fundación Esplai. Esta academia ofrece periodicamente cursos de formación online dirixidos a persoal técnico de organizacións sociais.

A nosa actividade, que se desenvolveu ao longo de 4 semanas, tiña como obxectivo principal analizar o discurso mediático para reforzar unha visión crítica sobre a relación entre medios e migracións, a partir do cal poder elaborar contradiscurso a través de narrativas dixitais e integralos en actividades de aprendizaxe formal e non formal.

Detalles do Proxecto

Data de realización: Primavera 2020 (1ª ed.) I Outono 2020 (2ª ed.)
Dirixido a: Persoal técnico de entidades sociais
Duración: 20h - Online
Centro: Fundación Esplai