Mulleres e Mar

Formación e acompañamento no deseño e produción dunha exposición fotográfica e audiovisual no IES Johan Carballeira de Bueu.

Desenvolvido no marco do Plan Proxecta, partimos do escenario no que nos movemos, Bueu, vila de tradición e herdanza mariñeira, e deseñamos un proxecto arredor das mulleres e o traballo no mar en coordinación entre o alumnado e o profesorado, un traballo cooperativo e interdisciplinar baseado na igualdade de dereitos e na conquista de espazos igualitarios para homes e mulleres.

Neste contexto, o grupo da materia de Cultura Audiovisual recibiu unha serie de formacións e de acompañamento para idear, definir e producir os contidos da exposición vídeo-fotográfica itinerante “Mulleres e Mar”. A exposición foi exhibida por primeira vez na Casa do Mar de Bueu en maio de 2022 e componse dunha serie de retratos fotográficos e de entrevistas a oito mulleres da localidade cuxas vidas están vinculadas ao mar.

Como complemento a esta actividade, elaborouse unha unidade didáctica dirixida a alumnado de secundaria. Nela utilízanse os materiais elaborados na exposición para guiar unha sesión na que se pon en valor o papel das mulleres nos traballos do mar.

Detalles do proxecto

Data: Febreiro - Abril 2022
Duración: 3 meses
Áreas de traballo: audiovisual, fotografía, igualdade, cultura científica, educación