Mocidade contra o Odio

Este curso online de 20 horas realizouse dentro da “Academia de Telecentros e de Organizacións Sociais” da Fundación Esplai. Esta academia ofrece periodicamente cursos de formación online dirixidos a persoal técnico de organizacións sociais.

A nosa actividade, que se desenvolveu ao longo de 4 semanas, tiña como obxectivo principal dotar ás persoas participantes de estratexias e ferramentas para a creación de contra-discurso en contornas dixitais, especialmente no traballo con mocidade para a aprendizaxe social, a cidadanía activa e a educación mediática.

Detalles do proxecto

Data: maio-xuño 2022
Dirixido a: persoal técnico de entidades sociais
Duración: 20h (en liña)
Centro: Fundación Esplai