Megacolab

Actividade creativa deseñada como punto de encontro para a comunidade de creadoras/es de contidos en galego. Durante 6h, un grupo diverso tiveron que ir realizando unha serie de retos que conducían a realización de producións audiovisuais con un mesmo fío condutor: “A vida youtubeira”.

O obxectivo desta actividade, desenvolvida no marco do proxecto Youtubeiras, era reforzar o que une á comunidade alén de poñer en valor a creatividade e a diversidade da mesma, e desmitificar a imaxe de youtubers vencellándoa a unha mocidade culturalmente activa e galegofalante.

Detalles do Proxecto

Data: outubro 2022
Dirixido a: comunidade youtubeira
Duración: 6h
Onde: youtubeiras.gal