Actividade realizada durante o Festival Audiovisual Escolar Olloboi nas edicións de 2017 e 2018. 150 alumnos e alumnas de diversos centros galegos de Educación Primaria e Secundaria realizaron unha xincana polo centro de Boiro, co obxectivo de investigar e producir vídeos sobre a memoria histórica do pobo. Esta actividade chamouse #Muchachada Matiné e deu coma resultado un mapa emocional interactivo de Boiro.
Aprendizaxe participativo e interxeracional nun proxecto que é froito do traballo da Asociación Cultural Olloboi coa colaboración do Concello de Boiro, a Unión de Muchachas, Creaturas, Gingko e La mujer forzuda.