Madame Cadeaux

Madame, cadeaux!” é a frase máis escoitada polos estranxeiros en Senegal. Significa “Señora, un regalo!” e deu nome a esta reportaxe que fala sobre a cooperación a partir da experiencia dun grupo de voluntarios da ONGD Dentistas Sobre Ruedas. A súa viaxe é o fío narrativo dunha reportaxe que retrata o traballo voluntario, o choque cultural e o descubrimento do diferente.

Detalles do proxecto

Ano de Producción: 2012
Xénero: documental
Duración: 29:35