Katia, a miña filla.

En España hai 63.610 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen grandes necesidades de apoio. Son persoas con trastornos de saúde mental ou de conduta, problemas de mobilidade, dificultades de comunicación ou outras discapacidades asociadas á súa discapacidade intelectual.

Persoas invisibles das que apenas se fala nin se teñen datos e que se caracterizan por necesitar apoios intensos nunha gran parte de actividades que supoñen o benestar de calquera persoa: o coidado persoal, a vida no fogar e na comunidade, as relacións sociais, a educación, o lecer, o emprego…

“Katia, a miña filla” é un retrato do día a día na vida con unha persoa que padece este tipo de trastorno.

Detalles do Proxecto

Ano de Produción: 2019
Cliente: FADEMGA plena inclusión Galicia
Xénero: Corto Documental
Duración: 12:06