
De maneira práctica e intensiva, este obradoiro amosa os diferentes pasos para crear un produto audiovisual, ao tempo que aporta consellos para gravar imaxe e son e serve tamén de introdución á edición.
O obxectivo deste obradoiro foi achegarlle as ferramentas e as técnicas básicas para a creación audiovisual á veciñanza de Vedra, para que puidesen participar nun concurso de curtametraxes que se realizou á seguinte semana a este curso.