Ferramentas Audiovisuais para Fomentar a Lectura e a Creatividade

A actividade “Obradoiro de Booktrailers: Ferramentas Audiovisuais para Fomentar a Lectura e a Creatividade” está incluida dentro do programa Bibliotecas Creativas. Os centros educativos que participan no programa poden solicitar una actividade do catálago a cargo da redes de bibliotecas escolares.

Neste caso, a actividade desenvolveuse no CEIP O Foxo e nela traballamos coa técnica do Chroma Key. Acompañamos ás docentes na montaxe do Chroma do centro na biblioteca, asistimos durante a gravación aportando consellos de mellora e, finalmente, realizamos unha formación específica de edición para o profesorado.

Tanto o guión como a gravación e a edición dos booktrailers foi realizada polas docentes.

Detalles do Proxecto

Data de realización: Xaneiro 2020
Dirigido a: Alumnado e docentes de primaria
Duración: 7h
Centro: CEIP O Foxo, A Estrada