
Encontro de xornalistas, profesionais da comunicación e técnicos de diversas ONGD organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), coa finalidade de intercambiar ideas e desenvolver diversas actividades formativas en torno á comunicación para o desenvolvemento e a cooperación internacional.
Gingko participou con Obradoiro de Vídeo de Combate, un curso intensivo de iniciación ás técnicas narrativas e ás ferramentas básicas necesarias para crear contidos audiovisuais.