Dirixido a grupos de alumnas e alumnos de ESO, este obradoiro é unha iniciación á narrativa audiovisual a partir da creación de efectos visuais. Dende o time-lapse ata o stop-trick, o obxectivo é experimentar coa gravación e edición de vídeo para realizar algúns garabatos sinxelos e artesanais cos medios dispoñibles.
Este obradoiro realizouse dentro do I Encuentro del Alumnado sobre Aprendizaje Servicio no IES Fin do Camiño (Fisterra), organizado pola Agrupación APS.