Foro da Mocidade

O Foro da Mocidade de Esplai celébrase anualmente co obxectivo de ser un espazo de encontro para mozos e mozas de todo o Estado que participan nos proxectos da Fundación. O encontro deste ano realizouse en Madrid e reuniu a máis de 150 persoas.

Gingko realizou dúas actividades formativas neste Foro. A primeira, dirixida a dinamizadores/as, tiña por obxectivo deseñar de forma participativa unha campaña de comunicación para o “día do migrante”. A segunda actividade era sobre “bulos e noticias falsas” e estaba dirixida a xente nova.

Detalles do Proxecto

Data: novembro 2022
Dirixido a: persoal técnico de entidades sociais e mocidade
Duración: 6h
Onde: Fundación Esplai