
Formacións en Vídeo Participativo (VP), coa finalidade de capacitar ao persoal técnico de organizacións sociais nesta metodoloxía de traballo.
A finais do ano 2018 e principios 2019 participamos en Más Social, un programa desenvolvido pola Fundación Barrié de la Maza. O programa ten, entre outros obxectivos, mellorar as competencias das traballadoras do ámbito social incorporando novas ferramentas e habilidades.
Desde Gingko, sumámonos nunha segunda fase dun módulo sobre comunicación coa intención de capacitar no uso do vídeo participativo a unha serie de entidades. Neste caso, foron Adaceco (Asociación de Daño Cerebral Adquirido), en A Coruña, y FEAFES (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental),
Para iso realizamos unha serie de sesións que incluían un proceso de VP de principio a fin: desde a idea ata o visionado en colectivo. Durante estas sesións, estivemos acompañadas por aquelas persoas que se encargarían de facilitar a actividade unha vez que en Gingko xa terminásemos.
O resultado foron varias curtametraxes elaboradas polas persoas usuarias, presentacións en público e entrevistas en radio e TV nas que o colectivo puido ter a súa propia voz durante e apropiarse dos medios para contar, en primeira persoa os seus retos e ambicións.